No mes de novembro levarase cabo nos Centros Socioculturais de Vite e Santa Marta o Reto Creativo Compostela 2050 no que os nenos e nenas realizarán unha viaxe ao futuro para gravar un programa de Podcast no que deixen reflectidas as súas opinións.

Descrición:

Gravarase un programa de podcast no que se tratará de dar respostas ás preguntas sobre o futuro da súa cidade: como serán os medios de transporte?, as vivendas?, cales serán os traballos máis comúns?, a lingua dominante?…

Aprenderán as técnicas e ferramentas básicas para desenvolver un programa de podcast organizándose para gravar o programa,dividindo as funcións entre o grupo de participantes..

DATAS:

9 e 23 de novembro de 11h a 14h no CSC Vite

16 e 30 de novembro de 11h a 14h no CSC Sta. Marta

INSCRICIÓNS:

O programa vai dirixido a toda á mocidade entre 12 e 17 anos. Para inscribirte debes entrar na web sencancelas.gal ou enviar correo a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal sinalando os obradoiros nos que estarías interesado/a

Concellería de Mocidade:

Teléfono: 981 543 001 / Correo: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

 Dpto. de lingua galega:

Teléfono:981 542 409  / Correo:dlg@santiagodecompostela.gal 

+info: www.sencancelas.gal