
Proba e verás!!
Este verán vas sacar a lingua!!!
O programa #SenCancelas volve este verán con máis forza ca nunca!!
Do 3 ao 18 de xullo vén ao Centro Xove da Almáciga e pon en marcha o teu proxecto creativo: montar un PODCAST, crear un VIDEOXOGO, gravar un disco de HIP-HOP, publicar un CÓMIC, ter a túa canle de YOUTUBE…
A actividade desenvolverase ao longo de 6 sesións de 2 horas todos os mércores e xoves desde o 3 ao 18 de xullo no horario de 11h a 13h no Centro Xove da Almáciga.
O programa vai dirixido a toda a mocidade entre 14 e 17 anos. Para inscribirte debes enviar un correo do 4 de xuño ao 1 de xullo entrando na web: sencancelas.gal ou no correo dptoxuventude@santiagodecompostela.gal
Se tes algunha dúbida podes dirixirte a:
Concellería de Mocidade:
teléfono: 981 543 001
correo: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal
Dpto. de lingua galega:
teléfono: 981 542 409
correo: dlg@santiagodecompostela.gal