O último bloque está centrado na posta en marcha dos proxectos creativos. O obxectivo final será a creación dun prototipo da proposta de cada grupo que inclúa unha descrición clara do seu funcionamento, unha imaxe de marca, unha análise da posible viabilidade da idea etc.

Centrarase principalmente na resolución dos diferentes conflitos que xurdan no proceso a través da mediación e o consenso. Tamén se traballará de forma clara a capacidade de control da frustración transformándoa en impulsos creativos e positivos.

Os diferentes grupos de traballo crearán os seus prototipos para presentalos na Mostra Creativa que se celebrará con motivo da fin do programa. Esta meta motivará aos diferentes grupos a crear un deseño que poidan mostrar ao mundo e aprender a xestionar as críticas xa sexan positivas ou negativas sobre o seu traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *