Este segundo bloque adentrarase, principalmente, na observación do contorno máis próximo, detección das necesidades da comunidade, realidade sociolingüística, buscar solucións creativas a problemas comúns…

A análise do contorno é vital para dar forma á idea creativa e ter claros os seus obxectivos principais e finalidade. Este é un exercicio que vai ter moita transcendencia tamén no día a día da rapazada do programa exercitando a súa capacidade de empatía, valorando o seu contexto social e cultural, adquirindo unha actitude crítica e proactiva.

Ao longo deste proceso iranse formando os diferentes grupos que porán en marcha a súa idea creativa nun futuro próximo. A través destes pequenos retos, a rapazada comezará a coñecer con quen é máis compatible para construír a súa idea, adaptar as ideas á realidade na que viven, definir novas liñas para os seus proxectos…

Tratarase neste bloque a igualdade de oportunidades desde unha perspectiva de xénero creando un debate que será gravado como programa de podcast onde debateremos sobre a situación da muller e a tecnoloxía. Tomaremos como punto de partida os diferentes exemplos que existen actualmente de rapazas gamers en tanto en Galicia como a nivel internacional.

Neste bloque a rapazada enfrontarase a diversos Retos Creativos que porán a proba as súas capacidades de traballo ademais de familiarizarse con diferentes medios creativos así como técnicas e métodos de traballo e posta en marcha de proxectos.