É moi importante desde o primeiro momento asentar unha relación positiva e de confianza no grupo. O éxito da proposta radica principalmente en ter un grupo activo, cohesionado e con forte vinculación entre participantes.

Para isto estas primeiras semanas centraranse principalmente en motivar á participación, establecer as rutinas, coñecer os obxectivos do proxecto, consensuar as normas, aprender as formas de traballo etc.

Pero tamén é moi importante que cada participante do programa coñeza a súa motivación persoal para asistir así como ser consciente das súas habilidades e calidades individuais. Por iso, moitas das dinámicas estarán dirixidas cara a creatividade, motivación, descubrimento dos tesouros persoais…

A lingua, o conflito lingüístico e as actitudes lingüísticas

Outra das liñas a seguir neste primeiro bloque temático será a lingua, o conflito lingüístico e as actitudes lingüísticas. Desde o primeiro momento a rapazada reflexionará a través de propostas de actividades sobre a súa realidade sociolingüística e as fortalezas da mesma no deseño de propostas creativas e de emprendemento.

O emprendemento feminino

Tamén se traballará dentro deste bloque a igualdade de xénero a través de actividades nas que se porá en valor exemplos de emprendemento feminino ao longo de historia como exemplo de superación. A rapazada terá en conta as dificultades de levar a cabo iniciativas de emprendemento, e máis en concreto para unha muller emprendedora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *