Este luns 22 de abril de 18:00h a 20:00h no Centro Xove da Almáciga comeza o programa #SenCancelas que ata o mes de xuño abrirá as súas portas para que mozos e mozas poidan vir a probar o programa sen ningún tipo de compromiso.

Cremos que un espazo de socialización dirixido á xente nova debe ser un espazo flexible, creativo, transformador… por isto, é moi importante que mozos e mozas poidan vir a compartir unha sesión con nós para ver as posibilidades que se ofrecen e a relación entre todas as persoas que participan no mesmo.

Se tes entre 14 e 17 anos e queres participar nun proxecto creativo, pero non te das decidido para inscribirte no programa #SenCancelas. Podes vir ata o mes de xuño calquera luns polo Centro Xove da Almáciga e probar, xa verás como queres volver noutra ocasión.

Agardámoste!!