Explorando: capacidades e actitudes
Estas primeiras semanas centraranse principalmente en motivar á participación, establecer as rutinas, coñecer os obxectivos do proxecto, consensuar as normas, aprender as formas de traballo etc.
Construíndo: as ideas crecen coa práctica
Neste bloque a rapazada enfrontarase a diversos Retos Creativos que porán a proba as súas capacidades de traballo ademais de familiarizarse con diferentes medios creativos.
Creando: posta en marcha
No último dos bloques os diferentes grupos de traballo crearán os seus prototipos para presentalos na Mostra Creativa que se celebrará con motivo da fin do programa.
Novas datas no CSC VITE
No mes de novembro levarase cabo no Centro Sociocultural de Vite o Reto Creativo Compostela 2050 no que os nenos e nenas realizarán unha viaxe ao fut...
Read More
Compostela 2050 (O Podcast)
No mes de novembro levarase cabo nos Centros Socioculturais de Vite e Santa Marta o Reto Creativo Compostela 2050 no que os nenos e nenas realizarán ...
Read More
Obradoiros #SenCancelas
#SenCancelas pretende ser un proxecto de intervención socioeducativa para a mocidade compostelá, coordinado pola concellería de Mocidade e o departam...
Read More

Anótate ata o 31 de outubro!!